Viñetas desvela novos convidados e exposicións

David Rubín será o galego convidado nesta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de El arte de volar

Capa de El arte de volar

Unha exposición retrospectiva sobre os Pitufos, comisariada por Toni Guiral, é unha das principais incorporacións ao cartel de Viñetas desde o Atlántico deste ano. O festival de BD da Coruña continúa a desvelar aos poucos novidades no seu web, entre as que se conta unha nova exposición cos últimos traballos de Juanjo Guarnido como debuxante nas series Blacksad e Brujeando. El arte de volar, último Premio Nacional de Cómic, contará tamén cunha mostra e achegará ao evento aos seus autores, Kim e Antonio Altarriba. Como autor galego convidado este ano, e cunha mostra monográfica, estará no festival o ourensán David Rubín.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Exposicións, Viñetas desde o Atlántico, Cómic...