Ourense acolle unha exposición antolóxica de David Rubín

Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómics de David Rubín estará aberta na sede de Afundación ata o 17 de xaneiro

16/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:

O debuxante de BD Ourensán David Rubín protagoniza a partir deste 18 de setembro unha grande exposición antolóxica na sede de Afundación da súa cidade natal. Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómics de David Rubín recolle 230 obras de toda a súa carreira que amosan diferentes fases do seu proceso traballo. Ademais, a iniciativa conta cun mural feito especificamente polo artista e mesmo recreacións en realidade aumentada que permiten seguir a evolución de bosquexos, entintados, coloreado e deseños finais nas súas obras. A mostra, comisariada por Asier Mensuro poderá verse ata o 17 de xaneiro vindeiro, e inclúe actividades paralelas como obradoiros ou visitas guiadas que teñen aberto o seu prazo de inscrición. A coincidir coa mostra, a libraría ourensá Sindicato del Cómic anuncia descontos do 5% na adquisición de obras do autor.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Cómic, Afundación, Ourense

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares