David Rubín inaugurará en Praga a súa maior exposición

O ourensán presenta a edición checa de La tetería del oso malayo

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Cartel coas actividades de Rubín en Praga

Cartel coas actividades de Rubín en Praga

O Instituto Cervantes de Praga acolle a partir de do vindeiro 3 de novembro Té, sangre y pasión: Los mundos de David Rubín, a maior exposición monográfica que o autor ourensán de BD realizou ata o momento. A mostra achega setenta orixinais, na súa maior parte do álbum La tetería del oso malayo canda a ilustracións e bosquexos inéditos. No mesmo día, o autor impartirá a conferencia Como ser autor de tebeos y no morir en el intento e proxectarase O espírito do bosque, filme do que é co-director. O autor aproveitará a súa estancia para presentar, no marco do Komiks Fest, que se celebra na mesma cidade, a edición checha de La tetería publicada pola editorial a Sypka.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Instituto Cervantes, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Ourense