Viñetas completa a súa programación con Valentina, Piratas e Superheroes

O debuxante Pere Joan súmase á lista de convidados

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Páxina de Valentina, de Guido Crepax

Páxina de Valentina, de Guido Crepax

A falta de menos dun mes para comezar á súa XIV Edición, Viñetas desde o Atlántico rematou de presentar o groso do seu programa. A falta de exposicións paralelas e do horario de actividades, o evento anuncia que contará cunha mostra orixinais da Valentina, de Guido Crepax, e que a viúva do autor italiano visitará o evento acompañada do seu fillo e comisario da mostra. Canda a esta, son novidades a exposición sobre Superheroes comisariada por Jaume Vaquer e outra encol dos piratas na banda deseñada no Aquarium Finisterrae a cargo de Toni Guiral. O mallorquín Pere Joán visitará o evento e amosará unha retrospectiva do seu traballo.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Piratas, Banda deseñada, Exposicións, Viñetas desde o Atlántico...