A Semana do Humor de Silleda achega unha mostra de orixinais de BD Banda e conta con Daniel Montero e Xaquín Marín

O humor tamén vai en cadriños

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A banda deseñada terá o seu oco na V Semana do Humor de Silleda, que se desenvolverá entre o 28 de abril e o 1 de maio. A exposición de trinta e cinco orixinais da revista "BD Banda" que se puido ver xa no último salón Viñetas desde o Atlántico visitará esta localidade. Tamén o autor Daniel Montero, desta volta a amosar a súa faceta como caricaturista, participará no evento, canda a Xaquín Marín e a Gogue, que acoden como mestres do noso humor gráfico.

Máis información no web do evento

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Silleda, Xaquín Marín, Xaquín Marín...