Este 20 de abril ás 19 horas abre as súas portas na sede da Fundación LuÃs Seoane da Coruña a exposición XaquÃn MarÃn, humor lÃquido galego. Este proxecto, que promove a Federación Galiza Cultura, reúne 150 traballos deste ilustrador, autor de banda deseñada e humorista gráfico.
Segundo explica a presentación do proxecto, a mostra supón "unha oportunidade única, e nunca vista no seu caso, para ter unha imaxe o máis completa posible do universo de ideas e dos procesos creativos dun artista tan polifacético e singular". Na selección de pezas, que se realizou ao longo de dous anos, destacan traballos que revelan "os inicios de XaquÃn MarÃn como pintor social e a posterior evolución na procura dunha arte xenuinamente galega".
Canda a isto, tamén se recollen obras inéditas canda a pezas que amosan "o seu vasto traballo no campo do humor gráfico e da banda deseñada e a súa incansable defensa de Galiza e da lingua galega e o seu fondo compromiso cos intereses das galegas e os galegos asistindo ao nacemento de personaxes ou series xa icónicas como Gaspariño, o Pé, Isolino, o cacique Don Augusto, Lixandre, Tonecho, Caitano ou o Xinete".
A estadÃa na Fundación Seoane, ata o vindeiro 19 de maio, será o inicio dunha futura itinerancia da mostra por diferentes cidades galegas. A Federación Galiza Cultura integra esta actividade co acto de homenaxe que lle dedicou ao autor o pasado mes de outubro. O proxecto contou co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña, e conta coa colaboración do concello. En 2022 o Museo do Humor de Fene, que adoptou o nome de XaquÃn MarÃn, xa lle dedicara unha retrospectiva a este creador.