Paco Roca e Pasqual Ferry tamén estarán en Viñetas desde o Atlántico

Polo momento son dez os autores confirmados no evento

9/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Dous autores españois son, polo momento, os últimos convidados a Viñetas desde o Atlántico, o festival de BD que se celebrará na Coruña entre o 10 e o 16 de agosto. Paco Roca, que foi recoñecido co último Premio Nacional de Cómic pola súa obra Arrugas e mais Pasqual Ferry, que debuxa habitualmente para as editoras estadounidenses Marvel e DC, son as últimas incorporacións que se anunciaron no blog deste evento. Con eles, son xa dez os autores que confirmaron a súa presenza na Coruña

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, A Coruña, Cómic