O X Salón de Cómic de Cangas contará coa presenza de Pasqual Ferry, Félix Vega e Luís Davila

Ferry a Cangas

20/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Vanse coñecendo novas sobre a décima edición do Saló do Cómic de Cangas. O evento celebrarase entre os vindeiros dezasete e vinte e tres de xullo, e contará coa presenza do autor da Marvel Pasqual Ferry, que estará acompañado polo arxentino Félix Vega e mais polo galego Luís Davila. Canda á presenza destes autores, o evento celebrará unha exposición retrospectiva con cento noventa obras dos case trinta autores que pasaron na última década por esta cita. Ademais, poderá verse unha mostra de orixinais que estes mesmos autores cederon ao evento. Tamén poderá verse o cuarto número da publicación que recolle os traballos premiados no certame de banda deseñada do Concello.

Máis información no programa do Salón (en pdf); en La Voz de Galicia; en Faro de Vigo; no web do Salón e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Luís Davila, Cómic, Culturagalega...