O Salón de Cómic de Cangas chega ao seu décimo aniversario cunha nova edición do certame e un ambicioso programa

Cangas ao grande

2/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Dez anos de BD en Cangas non son poucos. Para os celebrar, a organización do Salón de Cómic que se celebra cada verán nesta vila están a preparar un completo programa de eventos. Como adianto, apuntan que é a súa intención reunir os autores que participaron en anteriores edicións do evento, un total de 26 nomes galegos e foráneos que participarán nunha mostra conxunta de máis de 300 orixinais. Tamén está prevista a celebración dunha mesa redonda de autores do país e diferentes propostas que se irán dando a coñecer. O que xa está confirmado é a nova convocatoria do certame que acompaña as xornadas, que conta cun primeiro premio de catrocentos euros.

Máis información sobre o certame aquí; máis sobre o Salón nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Cómic, Culturagalega

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares