O noveno Salón do Cómic de Cangas achegará ao Morrazo a Altuna, Bueno, Calo e Pulido

Vai ler BD a Cangas

15/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Horacio Altuna e Javier Pulido coma representantes internacionais e Fran Bueno e Marcos Calo desde Galicia son os autores que estarán presentes no IX Salón do Cómic de Cangas. O encontro, que se desenvolverá entre o dezaoito e o vinte e catro de xullo nesta vila mariñeira inclúe na súa programación unha exposición dos convidados e charlas cos mesmos durante os días 22 e 23. Nesta última data entregaranse tamén os premios do sétimo certame dedicado á novena arte que se convoca coincidindo con este evento. Ademais, ao longo de todo o salón desenvolveranse obradoiros de BD e de ilustración.

Máis información nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Cómic, Morrazo, Fran Bueno...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares