Tirso Cons, Al Barrionuevo e Manel Fontdevila son os convidados do Salón de Cangas

Autores en Cangas

13/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A piques de fechar a súa programación, o Salón de Cangas adiántanos os seus convidados. O galego Tirso Cons, o catalán Manel Fontdevila e o arxentino Al Barrionuevo, coñecido polos seus traballos para a industira americana, son o trío de autores que participarán nesta edición. Ademais de cadansúa charla e exposición ofertarán sesións de sinaturas. Tamén estará presente no evento, como xa vai sendo habitual, Horacio Altuna. O cartel deste ano corre por conta de Kenny Ruíz e poderá verse no Auditorio a exposición 10 anos de BD galega, coordinada pola AGPI. Os interesados en se achegar ao evento poderán disfrutar tamén de proxeccións de filmes e de obradoiros de BD a cargo dos autores Julius e Luís Da Vila. Todo a partir do vindeiro 21 de xullo na vila mariñeira.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, AGPI, Lingua galega

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares