Xa se coñece a programación oficial do XII Salón do Cómic de Cangas. Tirso Cons abrirás as citas destacadas cun encontro co público na tarde do dÃa 25 de xullo. O 26 serán Manel Fontdevila e Al Barrionuevo os que darán as súas charlas. Canda ás mostras destes autores, estará dispoñible a exposición 10 anos de BD galega, coordinada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, e nos bares da vila poderán verse orixinais da colección de ilustracións que se foi recompilando no Salón. Este ano, ademais da habitual publicación coas obras premiadas no certame que se convoca en paralelo a este evento, a organización anunciou que publicará Jalisia KanÃbal unha escolma do traballo do humorista gráfico LuÃs Davila.
Nota oficial
O 12º Salón do Cómic de Cangas (Pontevedra) volverá contar nesta edición con debuxantes de primeira fila, como son Tirso Cons, Al Barrionuevo e Manel Fontdevila, coautor da polémica portada de ‘El JuevesÂ’ que retrataba ós PrÃncipes de Asturias nunha actitude impropia. O Concelleiro de Xuventude de Cangas, Óscar Graña, indicou esta mañá na presentación do programa que o alto nivel dos convidados e as múltiples actividades que se celebrarán no Auditorio Municipal do 21 ó 27 de xullo constitúen un “gran potencial” que converten o Salón do Cómic de Cangas nun evento “de referencia” no eido da banda deseñada, xa que se trata da principal cita destas caracterÃsticas en Galicia xunto coa da Coruña. Fóra de cartel achegaranse ademais destacados debuxantes coma Horacio Altuna ou Kenny Ruiz, autor do cartaz anunciador desta duodécima edición para o que se inspirou na garita do monte do Facho, sÃmbolo do Salón.
Obradoiros, proxección de pelÃculas, exposicións e conferencias dos autores convidados son algunhas das iniciativas incluÃdas na ampla programación do 12º Salón do Cómic de Cangas, todas con entrada libre e de balde. Despois da inauguración do luns 21 ás 19.30 horas, o martes 22 darán comezo pola mañá os talleres de banda deseñada e caricaturas cos debuxantes Jvlivs e Luis Davila, “que tanto éxito teñen entre o público infantil”, lembrou Graña. O mércores 23 terá lugar á tardiña a entrega de premios do 10º Certame de Cómic e a presentación da revista ‘O TebeoÂ’, editada pola ConcellerÃa de Xuventude, onde se recollen as propostas gañadoras. Óscar Graña destacou a “calidade excelente” dos traballos presentados ó concurso, que este ano fai “unha aposta especial polo galego”. Un xurado profesional escollerá nos próximos dÃas os autores vencedores entre os 72 que optan ós galardóns.
Libro de Luis Davila
O Salón do Cómic de Cangas será escenario da presentación de publicacións arredor da banda deseñada galega e o xoves 24 de xullo o popular humorista Luis Davila traeranos o seu novo libro, ‘Jalisia Kanival’. O venres 25 será a quenda do recoñecido debuxante Tirso Cons. Este pontevedrés afincado en Madrid, que xa ten publicados varios álbums no mercado francés, traballou con guionistas da talla de David Muñoz, que asina filmes como ‘El espinazo del diablo’.
Portada dos PrÃncipes en ‘El JuevesÂ’
A polémica sobre a portada dos PrÃncipes que publicou ‘El JuevesÂ’ pillou o Salón do Cómic do ano pasado en pleno desenvolvemento. Este ano, achegarase ata Cangas, Manel Fontdevila, autor dos textos desa viñeta que lle valeu unha multa a el, e á revista un secuestro. Fontdevila é un dos autores máis destacados de ‘El JuevesÂ’, onde resalta sobre todo polas aventuras de ‘La ParejitaÂ’, e mesmo dirixiu a publicación entre 2000 e 2004. O sábado 26 de xullo ofrecerá unha conferencia no Auditorio Municipal xunto a Al Barrionuevo, arxentino afincado en Santiago de Compostela que destaca no debuxo de superheroes.
O domingo aÃnda se poderán visitar as exposicións organizadas con motivo do 12º Salón do Cómic de Cangas. A técnico de Xuventude, Mercedes Lorenzo, explicou hoxe durante a presentación do evento que contarán coa mostra ‘10 Anos de ViñetasÂ’, distribuÃda pola ConsellerÃa de Cultura. Exhibirase no Auditorio xunto a outro cento de orixinais dos autores convidados este ano a Cangas. En diversos establecementos hostaleiros do casco vello da vila instalarase asemade a colección municipal de debuxos asinados polos participantes nas anteriores edicións do evento.
Óscar Graña salientou que o Salón do Cómic de Cangas se diferencia doutras citas en que os autores veñen convidados polo Concello, sen que existan intereses comerciais, e agradeceu a colaboración económica da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta. O evento conta cun orzamento aproximado de 12.000 euros e a partir da próxima semana estará operativa a páxina web con toda a información sobre o 12º Salón do Cómic de Cangas.