Viñetas contará con Sergio Bleda e con mostras de Miguel Gallardo e de Paco Roca

A cita continúa a pechar o seu cartel

21/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A súa condición de comisario da mostra sobre cambio climático que vai visitar o evento sitúan a Sergio Bleda coma novo convidado en Viñetas desde o Atlántico. O autor de El baile del vampiro asinará exemplares das súas obras e participará nas actividades do salón. Como caso contrario, con mostra pero sen presenza física no evento, dous dos autores españois que máis eco están a conseguir nos últimos tempos, contarán con cadansúa exposición pero non acudirán ao festival. Arrugas de Paco Roca e María y yo de Gallardo son as obras que protagonizarán estas mostras.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico

Claves

Lugares