A temática social centra as exposicións desta edición de Viñetas deste o Atlántico

Jean-Louis Tripp é o autor do cartel do XI Salón do Cómic

8/8/2008 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Arte
4 lecturas | Compartido 0 veces

Comeza a conta atrás para a vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico, o salón da banda deseñada da Coruña. Un evento que este ano conta con menos espazo expositivo ao coincidir coa celebración da feira de artesanía e varias exposicións conmemorativas do oitocentos aniversario de creación da cidade. As mostras deste ano teñen unha marcada temática social, desde as historias sobre o alzheimer de Arrugas ou a experiencia de Miguel Gallardo co autismo (que retrata en María y yo) ou o cambio climático. Canda isto, todo os días haberá as tradicionais presentacións a cargo de autores e colectivos galegos. Todo isto, a partir do luns.

Universo culturagalega.gal

06/08/2012

A cidade da BD

A novena arte conquista A Coruña nun Viñetas desde o Atlántico máis descentralizado ca nunca