A 30ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, terá lugar entre os días 24 de setembro e 29 de outubro, retomando deste xeito a súa habitual programación de máis dun mes de funcións e actividades na comarca bergantiñá. A deste 2021 será unha edición moi especial pola clebración do trixésimo aniversario, compañías gañadoras do Premio do Público do FIOT, como Ron Lalá, Yllana, Manolo Alcántara ou Talía Teatro, ou artistas queridos como Touriñán, Chévere ou Voadora, entre outros, regresarán a Carballo para celebrar tres décadas do fortalecemento, activación e espallamento da escena galega.
O certame recuperará as diferentes liñas de programación que conforman o festival: Programa de Sala, OTNI, Teatro de Rúa, Rúa dos Contos, Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado ou FIOTeen volverán encher de actividade escénica os recintos e o espazo público de Carballo. Nun ano de celebración, ademais, súmase unha nova liña, o FIOT en ruta, que nace co obxectivo de descentralizar a actividade polo territorio. En total, o FIOT contará con 39 espectáculos, dos cales 11 serán estreas absolutas: "O espello que arde", de FIOT e Lidiss; "A parábola do angazo", de Talía Teatro; "Foot", de Fran Rei; "Don Carnal (contos desvergoñados)", de Caxoto; "Desta sairemos mellores", de Ángela Triana; e as seis pezas finalistas do V Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, que se representarán en seis puntos do municipio carballés os sábados 8, 16 e 23 de outubro. Ademais, o certame acollerá tres estreas en Galicia de espectáculos que están a xirar por escenarios da península: "Solo un metro de distancia", de Serena Producciones; e a versión tanto presencial coma virtual da última creación da compañía Onírima Mecánica, "Ronem Ram" (que é Mar Menor ao revés), unha instalación que pon de manifesto a situación de emerxencia ecolóxica na que se atopa o seu ecosistema.
Apoio á creación e expansión polo territorio
O apoio á creación, a investigación e ao tecido cultural emerxente é unha das claves do FIOT, e este ano estará presente, alén do FIOT Fónico, coa celebración de tres residencias no Pazo da Cultura (Contraproducións, Talía Teatro e Marta Valverde) ou mesmo co certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, que na súa quinta edición ofrece seis estreas absolutas de artistas e compañías de Galicia. Mais un dos obxectivos principais do festival foi sempre o de expandir a actividade escénica, coa creación e acompañar novos públicos, implicando á veciñanza. Por iso, neste aniversario, FIOT aposta pola descentralización da actividade escénica e incorpora novas sedes: os centros sociais das parroquias de Cances e Berdillo, que acollerán actuacións de grandes compañías da escena galega (Berrobambán e Chévere) no marco do FIOT en ruta.