Reabren como equipamento público os Multicines de Nigrán

Este xoves proxectarase de novo a película coa que pecharon fai once anos

Sen cambiar os carteis do flime ‘La isla mínima’ que levan decorando a súa entrada durante os once anos que pasaron pechados, os Multicines do Centro Comercila de A Ramallosa en Nigrán volverán abrir as súas portas este xoves, reconvertidos en espazo público tras da compra do inmoble por parte do Concello. Unha proxección desa última película da súa anterior etapa por parte do Cince Clube Val Miñor, inaugurará os novos usos do espazo.

Os Multicines do Centro Comercial serán agora parte das intendencias municipais de cultura de Nigrán actuando como auditorio para todo tipo de actos. Segundo explicva o xornal Faro de Vigo, o espazo conta con dúas salas de 160 asentos que poderán unirse no futuro para conformar unha sóa, chegando a superar os 400 metros cadrados. A remodelación será posible grazas a un investimento de medio millón de euros de financiemento europeo.