A película de Os Crebinsky estréase no marco do Festival de Ortigueira

Haberá proxeccións xoves, venres e domingo

1/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Baixo o nome de Universo Crebinsky o Festival de Ortigueira acolle o vindeiro xoves a estrea da película protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta. O filme Os Crebinsky, baseada nunha curtametraxe anterior, conta a historia de dous irmáns que peregrinan na busca da súa vaca Muchka. Ademais da proxección (que se repetirá venres e domingo) tamén estará a banda Crebinsky, formación musical con Vazdín Yuhknevich á fronte, que completará a proxección.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Ortigueira, Ortigueira, Miguel de Lira, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)