O filme Os Crebinsky estréase cunha xira por Galicia

O 'Universo Crebinsky' preséntase o xoves no Festival de Ortigueira

6/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Banda Crebinsky cos actores do filme

Música e cinema danse a man no espectáculo 'Universo Crebinsky'. Co patrocinio do Xacobeo, a produtora organizou un espectáculo no que a Banda Crebinsky, autora da banda sonora do filme, precede cun pasarrúas á proxección do filme completo dirixido por Enrique Otero. A banda tamén ofrece un concerto baseado na música do Leste de Europa ao rematar a proxección da película. O espectáculo permitirá o visionado da película antes da entrada prevista da película na distribución salas de cine, que segundo a organización será en outono, despois de abrir a XV edición do Festival Internacional de Cine de Ourense. A estrea do espectáculo será este xoves 8 de xullo no Festival de Ortigueira. Ata o momento, está confirmada a presenza tamén en Pontevedra, A Coruña e Lugo canda Ortigueira e Ourense.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Ortigueira, Cine, Festival de Ortigueira...