Rematou a rodaxe de Os Crebinsky, a primeira longametraxe do realizador Enrique Otero, a partir dunha curtametraxe anterior do ano 2002. Os Crebinsky está protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta e a súa rodaxe localizouse en diferentes zonas de Galicia. Estivemos presentes na filmación das últimas escenas en Ortigueira, onde Enrique Otero e Miguel de Lira avánzanos as súas expectativas sobre o filme. Unha reportaxe de Håkan Casares. Cámara: Laura Bacelo.