Os Crebinsky recibe en Málaga o premio a mellor guión novel

Chegará a salas de cine o vindeiro 6 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Rodada en galego, español, inglés e alemán, con Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Luis Tosar, Celso Bugallo, Patrica de Lorenzo e Farruco Castromán como protagonistas. Os Crebinsky é a comedia cento por cento galega que chegará a carteleiras este venres. Vaino facer con dous premios: dunha banda o premio Alma ao mellor guionista novel (para Enrique Otero e Miguel de Lira) no marco do Festival de Cine de Málaga; e da outra, co “Signis” á mellor longametraxe, galardón que concede a Diocese de Málaga a filmes que promoven os dereitos humanos e que reflexionen sobre cuestión da realidade social.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Málaga, Cine, Miguel de Lira, Guión...