Catro filmes galegos participan no festival de Málaga

Crebinsky, Doentes, Radiografía dun autor de tebeos e Estereoscopía acoden á cita

2/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O XIV Festival de Cine de Málaga contará coa presenza de tres filmes galegos no seu programa. Crebinsky e Doentes competirán neste evento pola Biznaga de Oro á mellor longametraxe. Pola súa banda Radiografía dun autor de tebeos de Marcos Nine opta ao premio ao mellor documental. Estereoscopía, de Xacio Baño, ten posibilidades de levar o premio á mellor curtametraxe na Sección Oficial. O encontro celebrarase entre o 26 de marzo e o 2 de abril e contará coa presenza de Luís Tosar que recibirá o premio Málaga Sur á súa traxectoria.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Málaga, Marcos Nine, Xacio Baño, Luís Tosar...

Claves

Conceptos
Lugares