Siberia Monamour, unha historia sobre a supervivencia, gaña o Festival de Cine de Ourense

Marcos Nine alzouse co premio a mellor director de documentais

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Siberia Monamour, unha historia sobre a supervivencia, gaña o Festival de Cine de Ourense

Iván e o seu neto Leshia viven nunha aldea abandonada á que o tío Yuri lles leva comida. Un día, os cans salvaxes da zona matan o tío e, con el, o suministro dos únicos habitantes que se enfrontan á súa situación de xeito diferente. Esta é a historia que conta Siberia Monamour, o filme premiado nesta edición do Festival de Cine de Ourense. Ademais do premio grande do certame, a Calpurnia, recibiu tamén o premio do público a mellor longametraxe, o premio a mellor actor (para Nikolai Kozak) e o premio do xurado universitario. No palmarés desta edición de 2011 destacan tres referencias galegas: Marcos Nine foi recoñecido como o mellor director de documentais por Radiografía dun autor de tebeos; Félix Fernández recibiu o premio ao mellor filme na categoría de Novos Media por Ich Allein Auf Fremde Wegen e o público premio a busca das raíces brasileiras de Carlos Núñez no documental Brasil somos nós.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Marcos Nine, Documentais...