A Deputación de Pontevedra está a elaborar un Plan Director de Sitios Arqueolóxicos da provincia

A primeira fase centrarase nos 15 castros visitables de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou o venres que o organismo provincial está a elaborar un Plan Director de Xacementos Arqueolóxicos da provincia para "determinar o estado no que se atopan tanto os que xa foron excavados coma os que precisan algunha intervención". O Plan Director diferenciará sete tipos de intervencións. O Plan Director abordará, en primeiro lugar, os 15 castros visitables da provincia e logo se estenderá a outros, creando modelos en tres dimensións dos sitios arqueolóxicos. O oppidum de Santa Tegra contará coas primeiras intervencións, que se plasmarán na reconstrución virtual do poboado, a dotación de audioguías e a adaptación para discapacitados. O Plan Director será levado a cabo por técnicos da Deputación, en colaboración co CSIC e a Dirección Xeral de Patrimonio.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, CSIC, Dirección Xeral de Patrimonio