A Deputación de Pontevedra inaugurou a semana pasada as obras de posta en valor de tres castros da provincia: A Subidá (Marín), Alobre (Vilagarcía de Arousa) e Toiriz (Silleda). Trátase da primeira fase do plan Trazas de Pontevedra, formalizado a través do convenio subscrito polo Ministerio de Fomento coa Deputación de Pontevedra para musealizar xacementos arqueolóxicos galaicorromanos da provincia, e que contou cun orzamento de máis de 600.000 euros.
O proxecto foi levado a cabo pola empresa Patrimonio Inteligente, quen levou a cabo actuacións que significaron a panelización dos xacementos, a construción de itinerarios e a ubicación, en casos como o castro de Toiriz, de estruturas metálicas que reproducen na superficie elementos arqueolóxicos localizados a través dunha prospección xeomagnética. Os castros tamén dispoñen de paneis con QRs que permiten ampliar información nos móbiles dos usuarios.
Duras críticas ao intervencionismo dos proxectos
Os proxectos foron duramente contestados desde as redes sociais, especialmente nos casos de Toiriz e de A Subidá, onde numerosos usuarios protestaron en foros de patrimonio en Facebook sobre o que consideran un excesivo intervencionismo nos castros, que afectaban ao subsolo -houbo que facer intervencións para ubicar os novos elementos en pedra ou cemento-, ás intervencións de delimitación das estruturas arqueolóxicas existentes ou a panelística, onde se detectaron notables grallas ou a posición marxinal da lingua galega en relación ao castelán.
Deste xeito, realizáronse peticións en change.org para a paralización das obras no castro de Toiriz, ou numerosos colectivos protestaron polas obras da Subidá a través de comunicados formais.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, defendeu as actuacións, enmarcadas dentro dunha idea de aproveitamento turístico dos xacementos. "A intervención estivo dirixida e coordinada por profesionais do patrimonio, cumpriu cos máis altos estándares de calidade arqueolóxica e contou con informes favorables das distintas administracións". Segundo declarou o director do proxecto, Ángel Palomino no proxecto de A Subidá, o proxecto foi "nada invasivo" desde o punto de vista patrimonial. "Todas as novas estruturas e elementos encontrados foron recuperados e protexéronse moito máis que ata agora con mallas `xeotextis´ especiais, e mesmo documentando os achados con informes técnicos e inventarios que están en mans da Dirección Xeral de Patrimonio e son accesibles a todas as persoas interesadas", e sinalou que se corrixirán os erros gramaticais da sinalética.
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, tamén saiu ao paso das críticas na inauguración das obras de Toiriz: "cando pase o tempo e a maioría da veciñanza teña a oportunidade de desfrutar deste espazo e das actividades que aquí faremos poremos a cada quen no seu lugar. Entón veremos se realmente esta actuación era merecedora destas presións ás persoas propietarias e deses improperios que se propinaron alegremente por parte de moita xente".
Segundo a Deputación de Pontevedra, "o Ministerio de Fomento ultima nestes momentos os proxectos da segunda fase" para realizar a licitación. Esta nova fase afectará aos castros da Lanzada (Sanxenxo), Alto dos Cubos (tui), Cruz do Castro (Cerdedo-Cotobade), Mercado dos Mouros (Valga), Igrexa Vella (Valga), Penalba (Campo Lameiro) e Adro Vello (O Grove), que xa contan con proxecto de musealización e están pendentes do informe de Patrimonio da Xunta de Galicia.