O visor de aproveitamentos forestais da Xunta é un sistema de información xeográfica que dá conta das diferentes proteccións e afeccións do territorio e que permite os propietarios e á industria forestal saber que permisos e que restricións -de patrimonio cultural, medio ambientais ou doutra Ãndole- existen na explotación forestal dos predios. En teorÃa, o seu obxectivo é axilizar as tramitacións burocrática e ten carácter oficial. Para actualizala, a ConsellerÃa de Medio Ambiente en colaboración con Medio Rural e Cultura investiu 1.100.000 euros en actualizar a capa de información sobre o patrimonio cultural, que sinala os bens arqueolóxicos e a súa área de protección. Pero a asociación Mariña Patrimonio e ADEGA emitiron un comunicado denunciando que a información está, en moitos casos, mal localizada e pon en perigo os xacementos arqueolóxicos. Un número significativo de xacementos están delimitados de maneira incorrecta, con menor superficie ou desprazada con respecto á área arqueolóxica. Segundo os denunciantes, "dos oito castros catalogados no PXOM de Ribadeo, sete están mal delimitados no visor", ao comparalos coa protección establecida pola propia documentación dos plans de ordenación urbanÃstica. O castro do Coto da Vela, no concello de Xove, un enorme xacemento de seis hectáreas, só ten protexidas 0,45 has. Adega e Mariña Patrimonio solicitan á ConsellerÃa de Medio Ambiente "que retire de toda circulación pública esta información mentres non repare os erros de delimitación" e á consellerÃa de Medio Rural "que non outorgue autorizacións para cortas ou plantacións forestais naqueles predios nos que non estea garantida a protección e correcta delimitación dos xacementos". Segundo estas entidades, a Xunta "poderÃa estar favorecendo a destrución de xacementos arqueolóxicos catalogados e protexidos e que os propietarios forestais se enfronten a elevadas sancións".