O 26 de decembro rematou o prazo para a presentación de ofertas para a execución do que será o novo sistema de xestión do patrimonio cultural da Xunta de Galicia, que contemplará o acceso público ao catálogo de bens culturais e aos distintos instrumentos de protección do patrimonio cultural. Trátase dunha vella demanda da cidadanÃa e de numerosos colectivos profesionais tanto do ámbito do patrimonio cultural como das obras públicas ou a industria forestal. O proxecto ten un custe inicial de 559.020 euros e contempla un prazo de 15 meses para o desenvolvemento das funcionalidades completas do proxecto. A nova aplicación incluirá a agrupación de todos os elementos do patrimonio cultural de Galicia que están protexidos, o seu estado administrativo, o seu ámbito de protección, a súa xeolocalización e abre a posibilidade á incorporación de documentación técnica e multimedia asociada a el e de acceso público. Nunha primeira fase de seis meses, migraranse os datos das aplicacións actuais da Xunta cara o novo catálogo e ao cabo dos 15 meses realizarase a integración cos sistemas de xestión administrativa da autonomÃa. Xa que logo, o sistema poderá estar dispoñible ao público ao longo de 2020.