A avogada MarÃa GarcÃa Alén, coordinadora canda Iago Seara do encontro "Situación actual do Patrimonio Cultural en Galicia" organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, repasou durante o evento o marco xurÃdico actual para o patrimonio cultural. E atopou eivas. “Logo de analizar o estado de protección do Patrimonio Cultural de Galicia, ao abeiro da lexislación vixente, podemos concluir que, malia as insuficiencias da normativa actual para protexer a totalidade dos bens culturais deberiamos comezar por aplicar os instrumentos legais cos que contamos”. A xurista amosouse partidaria de revisar a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, vixente dende 1995, pero sen esquencer “os incumprimentos da lexislación por parte das Administracións responsabeis”. Entre estes incumprimentos, GarcÃa Alén salientou como o máis relevante o do descoñecemento público do estado "do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, asà como o dos Bens de Interese Cultural e dos Bens Mobles da Igrexa".
“Logo de analizar o estado de protección do Patrimonio Cultural de Galicia, ao abeiro da lexislación vixente, podemos concluir que, malia as insuficiencias da normativa actual para protexer a totalidade dos bens culturais, por mor da ampliación do concepto de Patrimonio, deberiamos comezar por aplicar os instrumentos legais cos que contamos”. MarÃa GarcÃa Alén, coordinadora xunto con Iago Seara, das Xornadas sobre “Situación actual do Patrimonio Cultural en Galicia, amosouse partidaria de revisar a lei, vixente dende 1995, sen esquencer “os incumprimentos da lexislación por parte das Administracións responsabeis”. As Xornadas, celebradas onte e hoxe coa asistencia de cincuenta expertos, foron organizadas pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega.