O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar na súa edición deste luns a resolución pola cal acorda a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da Colección Comodato Colmeiro no Concello de Vigo. Esta colección, composta por un conxunto de 166 obras (21 óleos e 145 debuxos) do artista Manuel Colmeiro Guimarás (Silleda, 1901- Salvaterra do Miño, 1999), foi seleccionada da súa colección persoal e cedida polos herdeiros do artista ao Concello de Vigo en 2017 por un prazo inicial de dez anos cunha posible doazón posterior, co obxectivo de que se deran as axeitadas condicións de coidado, exhibición e promoción tanto das obras como da figura do seu creador. Foi o Concello vigués o que solicitou, no ano 2021, a inclusión da colección no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia. O nivel de protección dos bens mobles inscritos no Catálogo debe garantir a súa integridade e a salvagarda dos seus valores culturais, mantendo o seu estado orixinal para que o ben perdure e poida transmitirse ás xeracións futuras. A protección supón que desde agora as intervencións, traslados e conservación da obra deben contar coa autorización da consellerÃa, que está habilitada para levar a cabo inspeccións que garantan esta protección.
Actualmente, segundo explica a resolución, estas 166 obras están en bo estado de conservación, custodiadas entre a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego e os almacéns de arte do Concello de Vigo no museo MARCO. A colección ofrece unha completa mostra das diversas técnicas e temáticas empregadas polo artista e abrangue practicamente toda a vida creativa do pintor; a obra máis temperá dátase en 1924 e a última en 1976. As técnicas usadas por Colmeiro son o óleo sobre tea, táboa ou cartón e debuxos sobre papel realizados en técnicas diversas, como lapis, acuarela, pastel, carbón, etc. A dita colección representa unha mostra da evolución pictórica do artista natural de Silleda, en que se poden atopar os seus temas máis recorrentes: o nu, a paisaxe, a natureza morta, a muller campesiña ou o autorretrato, e constitúe unha oportunidade para descubrir e admirar a obra e para afondar no coñecemento e no estudo da vida de Colmeiro, un dos máis destacados representantes do movemento vangardista da pintura galega, que contribuÃu a revolucionar a plástica galega da primeira metade do século XX.