A natureza xeolocalizada

Un novo visor da Xunta permite explorar as relacións entre administración e ecosistemas

19/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente

O novo visor xeográfico da Xunta sobre espazos naturais e biodiversidade permite acceder a unha enorme cantidade de contido sobre o noso medio, convintemente xeolocalizado. Desde o catálogo de árbores senlleiras do país, ata o plan de recuperación do oso pardo. Convidámoste a veres algúns exemplos.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións
Compartir:

A Xunta puxo onte a disposición dos cidadáns unha ferramenta que permite consultar gran cantidade de información relativa ao medio natural galego e, sobre todo, da súa interacción coa Administración. “Calquera persoa poderá ter acceso aos datos relativos á superficie dos espazos naturais, ás súas zonificacións concretas, topinimia, coordenadas, referencia catastral, así como aos elementos de flora e fauna que caracterizan eses lugares”, asegura a entidade.

Unhas árbores senlleiras

O recentemente actualizado Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia inclúe a xeolocalización destas emblemáticas e centenarias árbores, coma nos cemiterios de Padrón.

Especies ameazadas

Un dos aspectos interesantes do visor é a posibilidade de explorar as áreas de presenza, as distribucións potenciais e as zonas ameazadas de epspecies con dificultades como a píllada das dunas, o osopardo, o sapoconcho común ou as zonas de xestión do plan do lobo.

Reservas da biosfera

Hoxendía os instrumentos administrativos son moi importantes á hora de considerar a defensa da natureza. Unha boa parte do norte de Galicia é considerado administrativamente Reserva da Biosfera, canda o parque do Xurés, no sur, aínda que a maior parte da delimitación recae na zona portuguesa.

Que che pareceu?
0 reaccións
Difunde a cultura galega:
Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza, Padrón

Claves

Conceptos
Lugares