O Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura acolle a exposición 'Mentes no labirinto: saúde mental, cultura e inclusión', que reúne documentos procedentes na súa maior parte do fondo documental do Hospital Psiquiátrico de Conxo (Santiago), custodiados no propio arquivo do Monte Gaiás, pero tamén do antigo Hospital Psiquiátrico de Toén (Ourense) e do seu herdeiro, o Hospital Psiquiátrico de Piñor. A través destas pezas, 90 documentos e 20 obras de pequeno formato (pinturas e esculturas), faise un percorrido pola historia destas institucións, extrapolando o seu contido ao tratamento en xeral das enfermidades mentais en Galicia desde finais do século XIX ata a actualidade. A mostra, que pode visitarse ata o 17 de outubro, vén continuar unha liña de investigación que comezou cunha anterior exposición no Arquivo de Galicia, dedicada ás mulleres do Hospital de Conxo, e que espertou grande interese polo novidoso da súa documentación.
Entre os documentos expostos cómpre destacar as historias clÃnicas que amosan a incidencia que os conflitos bélicos producen na saúde mental da poboación civil e militar que os sufre. Tamén se poden contemplar diferentes escritos, debuxos, pinturas ou esculturas que amosan a creatividade dos pacientes e que son de grande interese tamén desde o punto de vista diagnóstico e terapéutico. A exposición ten un importante compromiso coa inclusión social e mostra como a cultura, a través de diversas manifestacións artÃsticas, se erixe nun importante elemento para este fin, particularmente das persoas pertencentes a colectivos sensibles. AsÃ, o proxecto ArtEspida, desenvolvido polo equipo sanitario do Hospital Psiquiátrico de Piñor, é un bo exemplo de como desestigmatizar ás persoas con diagnoses de trastornos mentais por medio da arte. A esta iniciativa se dedica parte da exposición con material cedido polos seus responsables. 'Mentes no labirinto' é un proxecto expositivo do Arquivo de Galicia, coordinado e comisariado por Mar GarcÃa Miraz e Miguel López Sánchez.