A primeira das vitrinas afonda nos comezos do Goberno autonómico, xa que o Arquivo de Galicia custodia os documentos que testemuñan a actividade da Xunta de Galicia a partir desta nova configuración territorial, no ano 1978, asà como algúns outros que foron transferidos no momento do traspaso das competencias como precedentes das accións do Estado.
O desenvolvemento territorial e económico centran o segundo e terceiro panel, mentres que a asistencia sanitaria e o patrimonio cultural son os principais eixos na cuarta e quinta vitrina. Os arquivos de persoas e familias, contrapunto dos arquivos públicos na construción da memoria social centran o seguinte panel.