Deste este 13 de xuño e ata o vindeiro 1 de setembro, o Museo do Pobo Galego, en Santiago, acolle a exposición Habitar o baleiro. O proxecto repasa, mediante corenta imaxes, dez anos de traballo do fotógrafo ourensán Brais Lorenzo, que documenta a vida nalgunhas das zonas máis despoboadas do noso paÃs, na súa maiorÃa nas provincias de Lugo e de Ourense.
As fotografÃas compleméntanse con audios, vÃdeos e textos dos xornalistas Cláudia Morán, Sergio Pascual e LucÃa Abarrategui, a crear unha experiencia inmersiva para as persoas visitantes que inclúe testemuños das persoas que protagonizan as imaxes. A montaxe foi coordinada polo fotógrafo Tono Arias.
Segundo explica o Museo na presentación do proxecto, neste preséntase "testemuño da Galicia que vive e resiste onde semella que non quere vivir ninguén. Un rural que esmorece e, con el, paseniño, un modo de habitar o territorio e a nosa identidade como pobo. Unha vida ameazada pola falta de servizos, a precariedade e as problemáticas medioambientais. E unha contorna onde, contra todo, nacen outros proxectos e formas de vida".
Deste xeito, "a soidade, o illamento, o abandono e a desasistencia nalgunhas das zonas con maior perda de densidade de poboación nas provincias de Lugo e Ourense son algunhas das temáticas da exposición, alén de problemáticas vencelladas ao despoboamento, como os incendios forestais e a convivencia cos parques eólicos". Canda a isto, a mostra "tamén acolle outra cara máis amable das zonas rurais galegas, como a repunta do interese polo sector primario e outros proxectos de vida no rural ou a visión do Entroido como ferramenta de reivindicación e preservación cultural e do territorio".
Despois da súa estadÃa no Museo, a exposición comezará unha itinerancia por distintas localidades do paÃs. O proxecto, coordinado polo Museo do Pobo, a Deputación de Ourense e o Concello de San Xoán de RÃo, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela.
GalerÃa de fotografÃas de Habitar o baleiro
Fonte: Museo do Pobo Galego
Habitar o baleiro. Brais Lorenzo