O fotógrafo Xoán Crespo Pontevedra, 1967), é o gañador da XIII edición do Premio Luís Ksado de fotografía da área de Cultura da Deputación da Coruña coa súa serie Mascaritas. Entroido solitario. Na resolución do certame, o xurado destaca como principais valores da colección de Crespo "a súa visión do tema desde un punto de vista orixinal a través dunha variedade de personaxes e cunha atmosfera particular que consegue por medio dos propios retratos". A colección supón, segundo o xurado, "unha visión única e diferente dun tema que foi moi visitado por medio da fotografía pero cunha óptica particular e distinta". O premio consiste en 6.500 ademais da edición do catálogo e unha exposición xunto coas outras coleccións seleccionadas- que itinerará por dez concellos da Coruña. Xoán Crespo, reside en Santiago de Compostela, e traballa como fotoxornalista na Xunta desde 1992. Estudou fotografía no Institut d´Estudis Fotogràfics de Catalunya. Do seu traballo destaca que se centra, "preferentemente, nas persoas, as relación co seu entorno e a identidade".