A deputación Provincial da Coruña ven de facer público que o pontevedrés Vicente Fraga Fernández é o gañador do XVIII Premio LuÃs Ksado de fotografÃa. Fraga acada o galardón pola colección Alén, a mellor para o xurado das 55 que se presentaron ao concurso O galardón ten unha dotación única de 6.5000 euros. O comité avaliador concedeulle ademais a Mención de honra á serie Nordés, do ourensán Miguel Muñiz. De Alén, o xurado valorou "a coherencia na poética da memoria e a deterioración do espazo das persoas arraigadas no seu medio". Para o comité, Nordés ten o mérito "da captura poética dunha atmosfera e a coherencia dunha visión Ãntima dun lugar e dunhas xentes, onde as forzas elementais da natureza se transmiten con eficaz sinestesia: un documento vÃvido que máis que mostrar fai sentir". O xurado tamén seleccionou, ademais das premiadas, as seguintes coleccións para formar parte do catálogo e da exposición itinerante que o certame programa por cada edición en concellos da provincia: Fin de la faena, A quen, El terremoto de TurquÃa e Usar y tirar. Perversa moda rápida.
A deputada de cultura, Natividade González, presidiu o xurado, formado por Pepe Baeza Gallur, MarÃa Sandra Balsells Cubells, Chema Madoz, Carmen Dalmau Bejarano e Juan MarÃa RodrÃguez Caparrós. Actuou como secretaria Manuela Muñiz Souto, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da institución provincial. Nas deliberacións tamén participaron, sen voto, Xurxo Lobato, comisario do certame, e Marcos Sánchez, coordinador dos premios que outorga a Deputación.