Javier Arcenillas gaña o premio Luís Ksado pola súa serie de fotografías Kolkata

O xurado valorou a "atinada construción dun guión visual"

15/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Kolkata. Javier Arcenillas. Cedida pola Deputación da Coruña

Javier Arcenillas, fotoxornalista madrileño, foi nomeado onte gañador da VIII edición do premio de creación fotográfica "Luis Ksado". O xurado, composto por destacados profesionais da fotografía, valorou na serie de fotografías Kolkata de Arcenillas “a súa atinada construción dun guión visual altamente expresivo, e unha depurada e coherente execución técnica en clave sepia". O premio está dotado con 6.500 euros e a participación nunha exposición itinerante.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Guión

Claves

Conceptos