Amador Lorenzo, premio Luis Ksado
Retratou a crise portuguesa e conseguiu captar o descontento social incorporando outro elemento tan propio da cultura portuguesa como é o fado. “Tudo isto é fado” é o título da obra fotográfica coa que Amador Lorenzo (Bueu, 1976) acaba de gañar o premio Luís Ksado de fotografía que convoca bianualmente a Deputación da Coruña e dotado con 6.500 euros. O xurado destacou que as imaxes “trazan unha lectura poética e intimista, con resultado plástico de gran forza visual”. A propósito do premio, a Deputación organiza diferentes actividades.
O presidente da Deputación, Diego Calvo, unha representante da deputación (María Dolores Faraldo), José María Díaz-Martoto, Joan Fontcuberta, Xurxo Lobato, Manuel López Rodríguez e Manuel Outumuro Conde conformaron o xurado desta décima edición que elixiron a obra gañadora por ser unha “coherente proposta de documentalismo subxectivo que, en sintonía coas correntes contemporáneas, evocando a experiencia dun Portugal sumido na crise, mostra como o fado invade o sentimento do fotógrafo”.
Nesta ocasión presentáronse 170 obras, batendo unha das marcas do certame. Ademais, aproveitando a cita, a Deputación organizou outra serie de actividades, como un obradoiro a cargo de Joan Fontcuberta, fotógrafo catalán que ten dous premios nacionais (o de Fotografía e o de Ensaio), no Pazo de Mariñán. Ademais, no mes de outubro o Museo do Pobo Galego acollerá unha Exposición Antolóxica Premio Luís Ksado coas coleccións gañadoras de toda a historia deste concurso, e que permitirá ver obras de Xulio Villarino, Peter Marlow, Vari Caramés, Jose Miguel Riopa, Fernando Fernández Paez, Miguel Harguindey, Javier Arcenillas ou Diego Vergés.