Marcos Míguez gaña o XI Premio Luís Ksado

O fotoxornalista representou a desaparición do mundo rural

3/10/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Foto: Marcos Míguez

O fotoxornalista de La Voz de Galicia gañou onte o XI Premio de Creación Fotográfica Luís Ksado polo seu traballo "Ata que chegue a auga". O premio, convocado pola Deputación da Coruña, ten unha contía de 6.500 euros. Segundo o xurado, a proposta de Míguez amosa "un espazo rural que se desfai, a loita do ser humano por defender a súa identidade, a súa memoria e dignidade". O xurado estivo composto por Xurxo Lobato, comisario do premio, Manuel López, Isabel Muñoz e Silvia Olmedes.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Lobato, Manuel López, Xurxo Lobato, Identidade...