O madrileño Juan de la Quintana faise co XIX Premio Luís Ksado de creación fotográfica

O xurado do premio da Deputación da Coruña seleccionou a súa serie I gotta change

O xurado do premio da Deputación da Coruña seleccionou a súa serie <i>I gotta change</i>
Selección de imaxes da serie gañadora do Premio Ksado. Fonte: Deputación da Coruña
A serie I gotta change sobre saúde mental valeulle ao madrileño Juan de la Quintana levar o co XIX Premio Luís Ksado de creación fotográfica. A Área de Cultura da Deputación da Coruña daba a coñecer na mañá deste 25 de xuño fallo deste galardón que conta cunha dotación de 6.500 euros

O fallo do xurado destacou "o carácter contemporáneo" da proposta gañadora, que explora "a vulnerabilidade das persoas retratadas e constrúe un discurso visual que outorga a mesma relevancia aos rostros que aos espazos que os rodean". Centrada na saúde mental, a serie "afástase da dramatización habitual nestes temas e aposta por escenas cotiás e iluminación natural, acentuando a asincronía entre a experiencia persoal e a aparente normalidade".

Canda a esta obra, o xurado acordou concederlle unha mención de honra á serie L'orta sud, do fotoxornalista galego Óscar Corral. O autor aborda neste traballo os efectos da DANA a través dunha linguaxe visual sutil e simbólica.

Tamén se seleccionaron como finalistas as series Metamorfosis, As leccións esquecidas, Sitio aparte do mundo e Entre el tiempo y el sabor, el mar, una memoria visual, da autoría de Carlos Folgoso, Raquel López, Stephane Lutier e Miguel Muñiz respectivamente. Todas as propostas seleccionadas formarán parte dunha exposición que itinerará por diferentes concellos do país e que se inaugurará o 1 de outubro no Museo do Pobo Galego.

O xurado estivo composto por Gervasio Sánchez, Alejandro Castellote, Maysun Abu-Khdeir Granado, Mónica Torres e Ana Surinyach, con o presidencia de Natividade González Rodríguez, deputada de cultura e a secretaria Manuela Muñiz Souto, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes. O comisario do premio, Xurxo Lobato, tamén estivo presente na reunión.