A Deputación da Coruña daba a coñecer este 9 de xuño o fallo do XV Premio Ksado de FotografÃa dotado con 6.500 euros. O leonés José Manuel López Pérez impúxose coa serie "Atrapados ás portas de Europa" no certame entre as 65 coleccións presentadas. O fallo sinala que coa súa serie López "se implica nun momento histórico con imaxes de puro carácter documental do que está ocorrer na problemática dos refuxiados" ademais da súa "capacidade de narración visual de grande calidade técnica ao servizo do tema, unha cor sobria, no lÃmite da percepción, que axuda a comprender mellor o que está ocorrendo nas imaxes".
Ademais o xurado destaca que estas imaxes "transcenden o momento e convértense en iconas dun drama que define o século XXI". Son, segundo apunta xurado, "fotos nas que se pon en primeiro termo a dignidade das persoas retratadas, en fin, un proxecto fotográfico no que o fondo e a forma se conxugan para contar unha historia, un drama, dunha maneira sobria e contundente".
O autor explica que co seu traballo tentou "visibilizar o problema da inmigración en Europa, as persoas que foxen dos paÃses de orixe debido ás guerras, a fame e a pobreza, tratando de chegar a Europa, neste caso, a través de Bosnia".
O xurado estivo composto por Laura B.Terré Alonso, Iria Pena Presas, Lúa Ribeira, Tino Soriano e Victoria Diehl López presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto coa xefa de servizo Mercedes Fernández-Albalat como secretaria, escolleu a obra do leonés José M. López Pérez.
Pé de foto