Alejandro Real e Javier Arcenillas fanse co XIV Premio Ksado de Fotografía

Os dous creadores repartirán os 6.500 euros do galardón da Deputación da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O xurado coas obras vencedoras do Premio Ksado

O xurado coas obras vencedoras do Premio Ksado

A Deputación da Coruña daba a coñecer onte o fallo do Premio Ksado de Fotografía na súa décimo cuarta edición. O xurado acordou outorgarlle o galardón ex-aequo ao lugués Alejandro Real polo proxecto Fillos de Breogán e ao salmantino Javier Arcenillas por Gangborder. Os dous autores repartirán os 6.500 euros do galardón e compartirán unha mostra que itinerará por distintos concellos da provincia.

No fallo, o xurado destacou de Fillos de Breogán o ser "unha serie moi consistente cunha forma pouco usual e moi orixinal de achegarse ao motivo fotografado", mentres calificou Gangborder como "unha aposta de fotoxornalismo impecable, con moita forza e supón un relato redondo sobre un conflito case esquecido".

O xurado, que tomou a decisión por unanimidade, estivo composto por Jorge Represa, Ana Palacios, Luís Vasconcelos, Pilar Carrera e Xoán Crespo, co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de sección de Cultura, Manuela Muñiz, en calidade de secretaria.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Deputación da Coruña, Breogán, Xurxo Couto

Claves

Protagonistas