Jose Romay e Berto Macei levan o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Os gañadores repartirán os 16.000 euros do premio

29/9/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea tivo dous gañadores na súa segunda edición. O xurado, composto por Vari Caramés, Juan Curto, Manuel Segade, Vítor Nieves, Xosé Lois Vázquez e polos patrocinadores Encarna Lago e Mª Mercedes Gallego Esperanza, ademais de Manú Gallego Rodríguez como secretaria sen voto, acordou outorgar o galardón ex aequo ás series Le Cirque Noir, de Berto Macei e mais Rururbania Salnés de José Romay. Os dous premiados repartirán os 16.000 euros do galardón e verán os seus traballos publicados en libro, así como cadansúa exposición no Outono Fotográfico de Ourense.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berto, Fotografía, Vari Caramés, Manuel Segade...