Imaxe da serie Renacer de Eva DÃez
Un percorrido por casas abandonadas no que se exploran "as oposicións esencias da fotografÃa" foi o proxecto gañador da III Edición do Premio Galicia de FotografÃa Contemporánea. Eva DÃez impúxose neste galardón co proxecto
Renacer , que lle reportará 12.000 euros en metálico ademais da montaxe dunha exposición e da edición dun libro con estas imaxes. O xurado do premio estaba composto polo curador e profesor de Belas Artes X.M. Buxán Bran; o fotógrafo e conservador da Colección Alcobendas José MarÃa DÃaz Maroto; a directora do Festival Encontros de Agosto de Fortaleza, Brasil; o director do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez; o curador da sección oficial do festival, VÃtor Nieves; Encarna Lago, xestora da Rede MuseÃstica da Deputación de Lugo e Mercedes Gallego representando á Xunta de Galicia, facendo como secretaria Manu Gallego, secretaria tamén da Asociación Proxecto Benito Losada. O premio está convocado no marco do festival Outono Fotográfico co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
A coincidir con este fallo, onte abrÃa no Pazo da Cultura de Pontevedra a primeira das exposicións integradas no Outono Fotográfico deste ano. Santi Vega asina
Pretty as a picture , unha análise sobre a relación entre fotografÃa e pintura, que se pode ver ata o vindeiro 15 de novembro.