Insírese dentro do traballo a prol da fotografía que leva desenvolvendo o Outono Fotográfico de Ourense durante máis de tres décadas. Sen embargo, na creación do I Premio de Fotografía Contemporánea tamén se implicou a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. O premio pretende, segundo figura nas súas bases “promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento”. O galardón consiste na produción dunha exposicion (a inaugurar entre novembro e decembro na cidade de Lugo, aínda que logo itinerará por outras cidades dentro das vindeiras edicións do Outono Fotográfico) e a edición dunha publicación. Será o primeiro volume da colección "Premio Galicia de Fotografía contemporánea" que se pretende crear. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 4 de outubro e o 16 dese mesmo mes xa se saberá quen é o gañador.
Varias entidades crean o I Premio de Fotografía Contemporanea
O certame, dotado con 16.000 euros, complementa a aposta do Outono Fotográfico
2 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Conceptos


