O Premio Galicia de FotografÃa Contemporánea recoñeceu na súa quinta edición o ensaio fotográfico To Name of Mountain do creador valenciano Alfonso Almendros. A obra, segundo explica a organización do galardón nun comunicado que fixo público esta mesma mañá, "é un documental ficcionado cunha linguaxe arrasadoramente contemporánea no que o autor fai unha pesquisa sobre a viaxe polas Montañas Rochosas feita en 1863 por Albert Bierstadt e o seu amigo Fitz Hugh Ludlow. Almendros equipara a dificultade de alcanzar o cumio e de poseer a montaña co amor que en segredo profesaba Bierstadt pola compañeira do seu amigo". O premio, que organiza o festival Outono Fotográfico co patrocinio da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, consiste na produción dunha exposición que xirará durante dous anos e a edición dun libro sobre o traballo galardoado, iniciativas que contan cun orzamento de 8.000 euros. A exposición inaugurarase o vindeiro mes de decembro no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo no marco do festival Outono Fotográfico.
Eduarda Neves, profesora da Escola Superior ArtÃstica do Porto; Patricia Veloso, directora do festival Encontros de Agosto de Fortaleza; Lola Mac Dougall, directora artÃstica do festival JaipurPhoto; Xosé Lois Vázquez, director do festival internacional Outono Fotográfico; VÃtor Nieves, curador do Outono Fotográfico e coordinador do Premio Galicia de FotografÃa Contemporánea; Armando GarcÃa Ferreiro, profesor de fotografÃa na EASD Antonio FaÃlde; Encarna Lago, Xerente da Rede MuseÃstica de Lugo e Manú Gallego foron os compoñentes do xurado.