
O comité de selección do premio estivo composto por Xosé Antonio Perozo, Presidente de GALIX, Rosalía Morlán, Secretaria da Fundación Neira Vilas, María Xesús Fernández, Manuel Figueiras e Pilar Sampedro. Segundo apunta o fallo, Plarapluie, é "un libro divertido e provocador no que se busca a risa pola extravagancia e a complicidade cos pequenos lectores e lectoras. Unha linguaxe áxil e de calidade, na que os recursos poéticos están moi ben empregados a sonoridade envolve os versos". A for da letra pola súa banda "constitúe unha singular homenaxe á poesía establecendo un diálogo con poetas relevantes da nosa literatura. O ritmo introdúcenos nunha proposta unitaria, cunha rica linguaxe conceptual e variados recursos que nos conducen á oralidade e participación coral".