A fotografía plasma o Vía Crucis de Meis e o Camiño de Santiago

Retratos e retratos

Retratos do externo e do interno en Compostela, na Estrada e na Coruña. Do externo a través da fotografía, a de Marcos Míguez que presenta o case secular Vía Crucis de Meis; e a do concurso "O Peregrino en Compostela" que ofrece unha visión multicultural da Ruta Xacobea. E nos retratos internos destaca a exposición da pintora norteamericana afincada en Pontevedra Teresa Brutcher.

Vía Crucis de case un século



Os veciño de Meis (Pontevedra) levan case un século representando o domingo de Pascua un particular Vía Crucis, que recolle dun xeito moi gráfico a pasión e morte de Xesús. Unha particular tradición que o fotógrafo estradense Marcos Míguez retratou o ano pasado e que agora expón no Centro Comarcal Expo-Salnés de Cambados. 15 fotografías que se completan cunha serie de dez instantáneas realizadas nos municipio da Estada, Cerdedo e do Caurel, a modo de documentalismo social plasmando a situación de determinadas zonas de Galicia. Non é a primeira exposición deste estradense quen xa expuxo na Escola de Artes Mester Mateo, na mostra Feira do Cocido e na Galería Sargadelos de A Estrada. Míguez ten ademais varios galardóns entre eles o segundo premio do concurso de fotografía convocado polo Concello de A Estrada e o terceiro premio do certame fotográfico Feira do Cocido.













Multicultural




A primeira edición do concurso "O Peregrino en Compostela" xa ten gañador: o médico coruñés Federico García Cabezón coa súa fotografía "Catedral. Fin do Camiño". O concurso, convocado pola Asociación Galega de Amigos do Camiño e El Correo Gallego, pretende conservar a memoria fotográfica da presencia, da mirada e da reflexión do peregrinos que cada ano chegan a Santiago.













Do interior



E o interior das persoas é o que pretende destacar Teresa Bruther na última exposición que leva a cabo na coruñesa "Galería Arteimagen". A pintora norteamericana afincada en Pontevedra, exhibe durante estes días a súa última mostra na que pretende retratar temas da propia vida, por ese motivo recollen a tristeza, a dor e tamén a esperanza.