Desde as 19:15 horas deste 12 de setembro o Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle a exposición O gabinete de Ricardo Blanco Cicerón. Da colección ao Museo. Ata o vindeiro 11 de novembro esta mostra amosa a importancia das coleccións privadas deste persoeiro e o xeito no que contribuÃron a importantes centros museÃsticos posteriores.
O interese de Blanco Cicerón pola historia e as antigüidades levouno ao longo da segunda metade do século XIX e o primeiro terzo do XX a acumular xoias protohistóricas, machadas de bronce, moedas, medallas, documentos medievais e outras moitas pezas.
Erea Castro comisarÃa este proxecto que amosa unha selección de pezas do que foi considerado o principal coleccionista de Galicia no seu tempo. Mobiliario e pezas decorativas, aparellos relacionados coa numismática, fotografÃas, pinturas e publicacións amosan como a afección de Ricardo Blanco acabou contribuÃndo aos fondos de centros como o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo do Pobo Galego, o Museo das Peregrinacións, o Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela ou o propio Museo de Pontevedra.
Segundo sinala a organización do proxecto, a maiorÃa das pezas presentes na exposición nunca foran expostas antes. Mobles monetarios, un grafoscopio monoestereoscópico, que se empregaba como lente de aumento, unha escolma de entalles e camafeos, os baleirados en xeso das columnas de San Paio de Antealtares que se atopan actualmente no Museo Arqueolóxico Nacional, o raro Libro da ConfrarÃa do Cirial de San Ildefonso ou de Cambiadores da Catedral de Santiago (1429-1548), asà como varios lenzos son algunhas das pezas que fan parte da mostra.