Francisco J. Leira Castiñeira é o autor de A memoria esquecida da guerra civil (Galaxia, 2021), unha nova publicación que recupera a historia fotográfica dos galegos que loitaron forzosos na guerra civil". Con Galicia na retagarda do conflito, o país convertiuse nun enorme centro de reclutamento, con miles de persoas obrigadas a participar no conflito. Leira Castiñeira investou dous anos no proceso de documentación deste proxecto, parte da súa liña de traballo como historiador, coñecendo a situación dos soldados do exército sublevado durante o conflito. Segundo Leira, estes reclutas forzosos que tiveron que loitar ás ordes de Franco "forman a memoria esquecida da longa noite de pedra da Historia de Galicia". Este novo investigador é contratado posdoutoral do grupo Histagra da USC, e a el solicitamos unha escolma fotográfica para coñecer máis o libro. Algunha das imaxes pode ferir a sensibilidade do lector.
"As fotografías seleccionadas", sinala Francisco Leira, "representan diversos aspectos dunha guerra, un acontecemento do que ninguén quere ser protagonista directo. Pódese ver o peor da guerra como morte e prisioneiros, pero tamén o uso propagandístico dos desfiles cando rematou a contenda. Ámbolos dous bandos nutríronse de persoas que non querían ser axentes da violencia". Esta escolma fotográfica procede do fondo Blanco Fuentes do Museo Reimóndez Portela de A Estrada, e son inéditas. Mario Blanco Fuentes formou parte do Gabinete fotográfico do Corpo do Exército de Galicia, integrado tamén por Jaime Pacheco, Ángel Llanos ou José Longueira, entre outros. "Este traballo quere mostrar a o máis sanguento do noso pasado recente, para avisarnos dos problemas que ten a poralización e o enfrontamento sociopolítico", conclúe Francisco J. Leira, quen confía en animar a familiares dos protagonistas a remitir o legado fotográfico para ir ampliando esta memoria visual da guerra.
Franco comendo co xeneral Aranda na posición de Nevero. Fondo Blanco Fuentes / Museo Reimóndez Portela
Dous evadidos do exército republicano. Fondo Blanco Fuentes / Museo Reimóndez Portela
Mortos na fronte de Asturias. Fondo Blanco Fuentes / Museo Reimóndez Portela
Desfile da Vitoria en Valencia. Fondo Blanco Fuentes / Museo Reimóndez Portela