Palas de Rei inicia a recuperación do contorno do castelo de Pambre

Habilitou unha partida de 130.000 euros para mellorar o contorno

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Gañar espazo na área de aparcadoiro, realizar catas arqueolóxicas na área, preparar os camiños e rehabilitar a ponte que conectaba o castelo co muíño no río son algúns dos aspectos do plan de adecuación do contorno do castelo de Pambre que vén de aprobar o concello de Palas de Rei, en previsión do inicio da restauración do interior do monumento (que levará a cabo a Xunta de Galicia) unha vez finalizada a adquisición da emblemática fortaleza. En total, o concello aprobou un investimento de 130.000 euros nestas obras.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Palas de Rei, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares