O Castelo de Ribadavia reabre logo de catro anos

As obras de recuperación da fortaleza continúan

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Os interesados en coñecer o Castelo de Ribadavia teñen por fin ocasión de entrar nesta fortaleza. Logo de catro anos fechado por obras de restauración, durante vindeira Semana Santa ofreceranse visitas guiadas á área da necrópole. A intención é, se a actividade funciona, desenvolvela de xeito permanente a partir do verán. No entanto, as obras de restauración continuarán este ano cun investimento de 180.000 euros achegados pola Consellaría de Cultura. Os cartos destinaranse a impermeabilizar e drenar un xardín do contorno, recuperar o baluarte que se descubriu na zona e consolidar os muros do castelo.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Ribadavia, Semana Santa, Muros

Claves

Lugares